VII RUTA TERRA DE CELANOVA

DOMINGO 28 DE XUÑO DE 2015!!!

REGULAMENTO XERAL DE OBRIGADO CUMPRIMENTO

O domingo día 28 de Xuño terá lugar a VII Ruta BTT Mancomunidade Terra de Celanova.

Art.1. VII Ruta BTT Mancomunidade Terra de Celanova. Está aberta a todo aquel que dispoña da maioría de idade ou 16 anos con autorizacións de pais ou titores e que teña completado satisfactoriamente o proceso de inscrición.

Art.2. Percorrido e horarios. Conta cun percorrido de dificultade media-alta de aproximadamente 43 Km. A Mancomunidade Terra de Celanova como organizador do evento, resérvase o dereito de modificar o recorrido cando as circunstancias ou autoridades así o recomenden. A saída oficial da ruta será ás 9.00 horas e o peche do control será ás 14.30 horas.

PERFIL

Art.3. Lugar de inscrición. Pódese facer a inscrición ata o mércores día 24 de xuño de tres xeitos:

1) Na web: www.nortsport.es pagando por TPV virtual totalmente seguro.

2) Na páxina web da Mancomunidade Terra de Celanova, www.terradecelanova.es, cubrindo o formulario e realizando o pago no número de conta (indicando nome, apelidos e DNI):

ES69-2080-5292-8731-1003-8652 da entidade ABANCA

3) Nas oficinas da Mancomunidade Terra de Celanova

Calquera dúbida ou aclaración pode resolverse chamando o teléfono 988451646 ou vía mail: terradecelanovasaudable@hotmail.com

Ningunha inscrición se considerará en firme ata que non se efectúe o pago da mesma.

Art.4. Prezos. Os prezos da inscrición serán os seguintes:

- Prezo para participantes: 6 euros. O pago deste importe da dereito a participar na ruta BTT, portando obligatoriamente o dorsal e o chip, a acceder ás duchas ó término da mesma, a recibir un obsequio conmemorativo da súa participación, aos avituallamentos, taller de bicis durante a proba, uso da zona de lavado de bicis e a varios sorteos.

Regalo conmemorativo BTT 2015: camiseta técnica con reflectante

- Prezo para participantes con dereito a xantar: 16 euros. O pago deste importe da dereito a todo o enumerado no apartado anterior máis o acceso ao xantar que terá lugar no Hostal O Miradoiro*** (Leirado) ás 15.00 horas.

- Prezo para acompañantes: 10€. Terán dereito ao xantar.

Art.5. Recollida de dorsais: Poderanse recoller:

No control de saída, situado en Quintela de Leirado, inmediacións do concello (Leirado s/n) entre ás 8.00 e ás 8.45 horas do propio día 28 de xuño.

Art.6. Todo participante inscrito está obrigado a levar casco e a seguir as indicacións dos axentes da autoridade e o persoal da organización habilitado.

Art.7. Todo participante deberá situarse por detrás do vehículo da organización que se identifique como de apertura da proba e non rebasalo en ningún caso.

A organización declina toda responsabilidade naqueles casos que por falta de cumprimento do presente regulamento, da Lei de Seguridade Vial, así coma das instruccións dadas polo persoal habilitado pola organización, se poideran producir danos físicos ou morais, propios ou a terceiros, así coma outro tipo de prexuicios ou accidentes que por estas causas se poideran ocasionar.

A organización resérvase o dereito de emprender as accións que consideren pertinentes naquela persoa que non presente o comportamento debido ou faga caso omiso as indicacións que reciba por parte dos membros habilitados pola organización.

Art.8. A Ruta BTT, aínda que conta con chip de cronometraxe, ten un carácter lúdico e calquera clasificación ou tempos serán para único aproveitamento persoal dos participantes; polo que non se realizará ningún tipo de mención especial de orde de chegada considerando que tódolos participantes oficialmente inscritos e que realicen o percorrido completo son os verdadeiros vencedores deste evento deportivo.

Art.9. A bicicleta que se utilizará será de montaña e, recoméndase levar vestimenta adecuada e bote de auga ou mochila de hidratación.

Art,10. A aceptación (inscribíndose) do presente regulamento implica que o participante da o seu consentimento á Organización para que poida utilizar a súa imaxe para a promoción e difusión da Ruta BTT da Mancomunidade Terra de Celanova en tódalas súas formas (internet, carteis, medios de comunicación, etc).

Art.11. Os avituallamentos serán CATRO, aproximadamente cada 10 kilometros.

Art.12. O feito de inscrición nesta proba supón a aceptación do presente regulamento e a renuncia a tódolos dereitos contra a Organización.

Art.13. Recoméndase levar o día da proba a seguinte documentación: DNI, xustificante da inscrición ou xustificante de pago por se fose necesario.